Benvidas/os á Anpa O Carregal
É unha entidade sen ánimo de lucro , integrada na Federación Provincial de ANPAS da Coruña , Costa da Morte, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Está formada por un grupo de nais e pais de estudantes do IES Francisco Aguiar que estamos xuntos para defender os dereitos do alumnado e das súas familias. A nosa intención é informar, asesosar, apoiar e axudar ás familias para que a etapa educativa dos seus fillos/as sexa o máis agradable posible.
Temos os seguintes fins:
Asistir aos pais e nais na educación dos seus fillos/as.
Promover a participación das familias na educación dos seus fillos/as e defender os nosos dereitos como nais e pais.
Fomentar a comunicación co profesorado e facilitar a representación das familias na xestión do centro.
Velar pola atención á diversidade e a igualdade de dereitos de todo o alumnado.
Organizar actividades formativas para as familias.
Fomentar a cooperación do Instituto con outros centros escolares e co seu entorno cultural.
Solicitar ós poderes públicos o cumprimento das leis educativas e a inversión en recursos humanos e materiais para un ensino adaptado ós tempos.
Defender un ensino público galego inclusivo e de calidade.
Xuntas/os temos máis voz!
Noticias
Dende ANPA O CARREGAL non queremos sentirnos valentes, queremos ser libres!!!
SEGURO ESCOLAR OBRIGATORIO
Queremos lembrarvos que desde 3º da ESO estades a pagar un Seguro Escolar obrigatorio que inclúe prestacións económicas e/ou sanitarias por accidente escolar, por enfemidade e/ou por infortunio familiar.
Podedes ampliar información no seguinte enlace: http://www.seg-social.es/.../InformacionUtil/44539/45073 ou nos Centros de atención e información do Instituto Nacional da Seguridade Social (CAISS)
Se aínda non tes claro o que queres estudar ó rematar Bacharelato, pódenche interesar estes enlaces. Bótalles unha ollada!
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
http://www.edu.xunta.gal/cen.../iesfranciscoaguiar/node/4038