top of page

Banco de Libros

O noso Banco de libros medra cada curso, non só pola inversión anual que facemos mercando algúns libros, senón tamén, e principalmente, polas doazóns das nosas familias.

A doazón é imprescindible para que poida seguir funcionando este Banco de libros que nos permite prestar cada curso unha media duns 3-4 libros por familia, aínda que o noso compromiso sexa só o de deixar 1. 

No vindeiro curso 2022-23 haberá novos libros para os cursos 1º e 3º da ESO e 1º de Bacharelato e, polo tanto, neses cursos poderemos prestar menos libros dos habituais e precisaremos da vosa xenerosidade coas doazóns para poder ir aumentando o noso banco de libros para os seguintes cursos.

Se che interesa coñecer as condicións do noso Banco de libros, pincha aquí

cartel BL.jpg

Para poder participar no banco de libros en 1º da ESO, é imprescindible que a túa familia sexa socia, no curso anterior, da ANPA Brigantium ou da Anpa do Centro do que procedas.

Isto tamén é válido se te incorporas ó IES Francisco Aguiar en calquera outro curso.

bottom of page