Como facerse socio/a da anpa
• A cota anual por familia é de 12 euros.
Existe a opción de cota reducida de 6 euros, se a túa familia tamén é socia da Anpa Brigantium durante o curso 2023-24. Neste caso, debes achegar os xustificantes de pago de ambas Anpas.
• O número de conta da Anpa O Carregal en Abanca é ES78 2080 3101 0430 4005 3602
Recomendámosche que fagas o pago por transferencia ou en efectivo a través do caixeiro para evitar que o banco che cobre comisión.
• Unha vez cuberta a ficha de inscripción e feito o pago, tes que enviarnos ambas cousas ó correo electrónico info@anpaocarregal.org
• O prazo para facerse socia da Anpa O Carregal, remata o 30 de outubro.
• IMPORTANTE: Se queres participar no noso Banco de libros para o próximo curso, é imprescindible que a túa familia fose socia dunha Anpa este curso 2022/23. Se sodes novos, debedes facervos socios/as antes do 09 de xullo e se tedes que renovar, debedes formalizar a inscripción na nosa Anpa para o próximo curso antes do reparto dos libros.